ESPECIALISTAS NO ESTUDO E XESTIÓN DE SOLOS E AUGAS SUBTERRÁNEAS

Transformamos o potencial do subsolo en progreso
Algunos de nuestros clientes:

Coñecer o subsolo, a súa composición e o seu comportamento, é a base para predicir a súa resposta ás nosas accións.

O subsolo é a parte oculta sobre a que construímos, a que aloxa gran parte da auga doce que temos dispoñible para beber e os minerais que usamos para vivir.
O coñecemento do subsolo xerou grandes avances no desenvolvemento da humanidade, dende a minería ou os pozos de abastecementos ata as grandes infraestruturas subterráneas, o uso da xeotermia como fonte de enerxía ou o almacenamento de substancias contaminantes como o CO2. Sen embargo, paralelamente a eses progresos, os erros nos cálculos preditivos ou na súa xestión teñen provocado numerosas catástrofes (derrubamentos, inundacións, contaminacións masivas de acuíferos…)
E é que o subsolo é un recurso natural complexo e esencial para o noso progreso e por iso, require dunha especialización en cada unha das súas vertentes.

Por iso, en Envirosoil empregamos os nosos coñecementos en xeoloxía, hidroxeoloxía, enxeñaría mineira e ambiental para especializarnos en::

      – Rebaixe do nivel freático para obras.

      – Diagnóstico e descontaminación de solos e augas subterráneas.

En Envirosoil ofrecémosche unha especialización acompañada de:

AXILIDADE

Porque simplificamos todos os teus traballos de contratación, coordinación e supervisión, xa que ao realizar proxectos chave en mano, todas as tarefas están baixo a responsabilidade dun único equipo profesional, o noso. Un xeito de traballar que, en definitiva, aforra o teu tempo de xestión e coordinación.
N

VALIDEZ ANTE A ADMINISTRACIÓN

Somos unha empresa acreditada por ENAC como entidade de inspección de solos e augas subterráneas asociadas conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17020:2012.

ASESORAMENTO

Orientámosche sobre as xestións e os trámites que son necesarios nos proxectos que realizamos e, se o desexas, acompañámosche ás reunións que manteñas coa Administración ou outros organismos.

ESPECIALIZACIÓN

Forxada ao longo dos máis de 20 anos de experiencia da nosa equipa e que nos permite actuar con precisión en cada unha das ofertas, estudos e obras que levamos a cabo.

MELLORA CONTINUA, SEGURIDADE E EFICIENCIA

Un compromiso apoiado polo noso sistema de xestión de calidade e medio ambiente certificado conforme ás normas ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015.

Unha especialización que proporciona solucións aos diferentes sectores industriais

As nosas solucións en relación á xestión de solos e augas subterráneas son válidas indistintamente do sector industria, así por exemplo damos servizo a áreas como Gas & Oil, Inmobiliario, Minería, Obra civil, Grandes superficies, Residuos e Industria.

Como traballamos?

1. Contacta connosco e explícanos o que necesitas.

2. Estudamos o teu caso e se podemos axudarte, presentámosche unha oferta detallada de todas as actuacións que necesitas. Explicámosche todo o proceso de traballo.
3. Se decides traballar connosco e se trata dun proxecto chave en man, encargámonos dende o deseño inicial ata a execución e o peche. Deste xeito, ti podes dedicar os teus esforzos a outras tarefas que non sexan a de coordinar varias subcontratas.
4.Durante o proceso estas informado puntualmente de todas as actuacións que levemos a cabo e contas co noso asesoramento e acompañamento.

Envirosoil: especialización, paixón yprecisióna través de proxectos chave en man