Estudamos e xestionamos as augas en obras proxectadas baixo o nivel freático ou con problemas de estabilidade do terreo
Para que a auga non interfira na túa obra
Algunos de nuestros clientes:






Seguro que non é a primeira vez que un problema coa xestión das augas subterráneas fai que teñas que dicir adeus á planificación inicial de obra, co que iso supón, en tempo e en diñeiro.
Envirosoil ofrece todo un abano de servizos enfocados a evitar que a auga non faga máis lento nin dificulte o avance da túa obra:
Durante a execución destas obras usamos, en función das súas características e das do emprazamento, as seguintes técnicas::
- Pozos profundos
- Pozos de gran diámetro
- Well point
- Drenaxes radiais
- Estudios hidroxeolóxicos detallados.
- Capacidades (aforos).
- Simulaciones matemáticas e realización de modelos do fluxo subterráneo.
- Sistemas de captación de auga subterránea para abastecemento.
- Sistemas de alivio da tensión do terreo.
- Análise da estabilidade do terreo e das estruturas de contención de solos ou residuos como diques, cimbras e terrapléns.
- Ademais da avaliación de recursos e reservas de augas subterráneas e da súa xestión..
Con Envirosoil, ao mesmo tempo que delegas a xestión das augas subterráneas da túa obra, consegues:
Comodidade
Unha obra máis fácil de xestionar porque ao ofrecer un proxecto chave en man, evitas o esforzo que implica ter que coordinar e controlar varias subcontratas para levar a cabo cada partida de obra.
Tranquilidade
Evitas sustos e demoras innecesarias como que un papel poida paralizar a obra: encargámonos dos permisos administrativos asociados á xestión das augas subterráneas. Coñecemos a lexislación e sabemos que requisitos necesitas cumprir.
Adaptación a prazos
Minimizas as probabilidades de atrasos na túa obra porque o noso coñecemento e experiencia permítenos reaccionar de forma áxil ante os imprevistos.
Asesoramento
Porque tes un equipo de enxeñeiros, xeólogos e hidroxeólogos que che orienta sobre as mellores opcións de actuación ante as diferentes situacións que poidan presentarse durante a obra.
Contámoscho con palabras, amosámoscho en imaxes:
Necesitas máis información técnica?
Necesitas algo máis? Xa sabes que podes contactar connosco, estaremos encantados de axudarte.