Quizás sexa un dos recursos naturais máis complexos cos que traballar: aloxa no seu interior aire, auga, minerais e bacterias o que provoca innumerables reaccións físicas, químicas e biolóxicas difíciles de predicir, e todo iso, nun entorno de complexa accesibilidade.
E quizás sexa iso, xusto iso, o que provoca que nos atraia tanto.
Pero a cada un de nós nos atrae dende un punto de vista diferente: o ambiental, o hidroxeolóxico, o estrutural, o xeolóxico etc. E precisamente esa conxunción de perspectivas, unida á paixón polo noso traballo, é o que fai que o equipo de Envirosoil sexa único.
Ben, iso e tamén, por que non, a nosa historia:
Envirosoil, unha empresa que naceu en plena crise sobre unha bicicleta
E cando recibes noticias así, necesitas reflexionar.
Así que o mesmo día do anuncio collín a miña bicicleta pero non regresei a casa directamente. Empecei a divagar mentres me perdía polas rúas de Madrid. E fue entonces cuando ella apareció tímidamente.Observeina con curiosidade e certa ilusión, aínda que neses momentos cría que non podería chegar a ser máis do que xa era, unha idea..
A ver, tiñamos o coñecemento, sabiamos traballar en equipo, mellor dito, eramos un equipo, coñeciamos aos clientes, entón… por que non? por que non tentalo pola nosa conta?
Dixeron que si. E ese si tivo moitas consecuencias.
Tivo o poder de engadir un novo título ao de compañeiros e amigos: o de socios.
E permitiu que nacera Envirosoil, unha enxeñería ou quizás debería dicir un equipo, que continúa vivindo o seu proxecto coa mesma paixón do primeiro día.
e do noso equipo ao tempo que contribúe ao desenvolvemento sostible do entorno.
- Paixón: queremos o que facemos e loitamos día a día para mellorar o que ofrecemos, estamos profundamente comprometidos con todos os proxectos que realizamos. A vida é demasiado curta como para non amar o que facemos.
- Orientación ao cliente: o que facemos, facémolo por e para o cliente.
- Responsabilidade: actuamos con responsabilidade social e medioambiental de cara aos nosos socios, empregados, provedores e clientes.
E é que, detrás das fórmulas, cálculos, planos, etc. que nos acompañan diariamente, hai unha parte que non se expresa en números pero que tamén suma e, moito. Aquí amosámosche os nosos piares e o noso norte: